Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez destaca a importancia que teñen as Xornadas de Celeiro para falar dos asuntos que máis preocupan ao sector pesqueiro

A subdelegada do Goberno destacou o alcance que ten a cita para poñer enriba da mesa os asuntos que máis importan ao sector en toda Galicia

Viveiro, 23 de novembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo destacou hoxe na inauguración das XXVII Xornadas Técnicas Difusión Sector Pesqueiro o alcance que ten a cita para poñer enriba da mesa os asuntos que máis importan ao sector en toda Galicia, así como debater e falar de solucións ás problemáticas expostas. A subdelegada afianzou que esta cita goza dunha gran importancia para a comunidade e que pon de manifesto a repercusión do porto de Celeiro e dos seus pescadores e traballadores.

A subdelegada agradeceu que un sector tan importante para a economía de Galicia e para a zona da Mariña celebre estas xornadas para falar dos temas que preocupan, así como a poñerlles cerco e darlles solucións. Entre os temas que se falaron na primeira parte da xornada estiveron contemplados os retos da industria, medidas para aumentar o consumo, IVE do peixe, o compromiso do sector pesqueiro e a importancia que teñen os datos.

A subdelegada avanzou que “o sector vai ser escoitado durante os tres días que duren as xornadas, preparando accións para encamiñar as situacións que máis preocupan á patronal da pesca cara posicións máis desexadas, así como mellorar as condicións de traballo e todo o relacionado con eles mediante o análise situacional”.

Así mesmo, Isabel Rodríguez puxo de manifesto a importancia que ten esta cita para o porto de Celeiro, “sinónimo de que desprende unha imaxe de bo facer e de éxito na industria, que se exemplifica nas súas capturas e frota”, representando así con estas palabras a campaña da merluza, unha das especies máis importante coa que traballan, levándose o 85% da facturación da lonxa.

Respecto ao sector produtor, o Goberno a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou unha convocatoria de axudas ás organizacións de produtores e as súas asociacións dotadas con 14 millóns de euros, que permitirán alcanzar os obxectivos da Organización Común de Mercados (OCM), mediante as medidas que impulsan as organizacións de produtos da pesca e a acuicultura a través dos seus plans de produción e comercialización.

Exit mobile version