Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo di non á violencia de xénero

Mondoñedo, a 15 de novembro de 2023. Un ano máis o Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero por medio de actividades e actos institucionais para visibilizar e loitar contra a lacra que é a violencia contra a muller, máxima expresión da desigualdade de xénero.

Así, os actos centrais terán lugar o venres 24 de novembro. De 12:00 a 13:00 horas instalarase un punto informativo na Praza do Concello, onde se repartirá material relacionado coa temática e se imporá o lazo morado. Estes materiais son tanto de edición propia do Concello como facilitado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Ás 13 horas terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero. Para esta data está prevista a iluminación morada da Fonte Vella e da Casa do Concello.

Como é costume no Concello de Mondoñedo, as actividades contra a violencia de xénero non se centran nun único día, se non que se estenden ao longo do mes de novembro. Así, estanse a realizar as seguintes actividades:

– Obradoiros de igualdade para o alumnado de Primaria durante o mes de novembro. Impartidos por persoal do CIM de Mondoñedo, nos centros escolares de primaria de Mondoñedo, Abadín, Bretoña e Lourenzá terán lugar actividades para fomentar a igualdade entre mulleres e homes e que permita a adquisición e transmisión de valores humanos, comportamentos e actitudes baseadas no respecto e a igualdade de dereitos e oportunidades entre as persoas que conforman a nosa sociedade.

– 17/11/2023. “Á violencia de xénero dille NON! Stop á violencia dixital”. Actividade dirixida a alumnado do IES San Rosendo e CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo. Charla organizada en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade (BUMEI) na que intervirán membros da Garda Civil. Contará coa presencia da Secretaria Xeral da Igualdade, dona Sandra Vázquez.

– 20/11/2023. Charla informativa sobre violencia sexual dirixida a alumnado do IES San Rosendo, actividade organizada e financiada no marco do Acordo  de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

– 22/11/2023. Obradoiro de benestar familiar no Centro Sociocomunitario dirixido á poboación xeral. Ás 10:30 horas.

Exit mobile version