Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo remata novembro tapeando

Mondoñedo, 11 de novembro, 2023. A hostalería de Mondoñedo, coa colaboración do Concello de Mondoñedo, organizan un dos clásicos do tapeo na nosa provincia lucense, a XVI edición do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo.

Un ano máis Mondoñedo convida a rematar novembro tapeando, coma sempre, na cidade episcopal.

Os días 24, 25 e 26, venres, sábado e domingo, terá lugar unha nova edición do concurso de tapas na que participarán: “A Taberna da Galiana”, o Bodegón “A Catedral”, “Farangullas”, Viñoteca “O Petiscto”, “O Palique”, “O Rincón de Mondoñedo”, “O Porriño, e o “A Bodeguiña”.

As tapas variada poderán degustarse o venres pola noite, o sábado ao mediodía e á noite e, tamén, o domingo ao mediodía.

Cada local presentará as súas creacións que serán xulgadas por todas aquelas persoas que se acheguen a degustalas.

Entre as votacións do público sortearase agasallos para agradecer a súa colaboración.

A Hostalería local e o Concello de Mondoñedo agradecen a túa presenza e agardan que goces participando neste delicioso evento para rematar novembro cun sorriso.

Exit mobile version