Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta á Xunta a cubrir de xeito inmediato as prazas baleiras no centro de saúde de Viveiro e a recuperar o servizo de pediatría permanentemente

A Mariña, 13 de novembro 2023. Compareceron hoxe en rolda de prensa diante do Centro de Saúde de Viveiro, o deputado Daniel Castro, a tenente de alcaldesa Miriam Bermúdez e os concelleirxs Iria Cotelo e Xoán Ramón Martínez para dar conta das iniciativas que a formación nacionalista vai levar ao Parlamento diante grave situación que a Atención Primaria está atravesando en Viveiro, con un Centro de Saúde baixo mínimos, donde desde hai días só hai dous médicos en quenda de mañá polo que non están a facer consultas de atención primaria podendo atender só o servizo de urxencias.

Seguen tamén as carencias no servizo de pediatría, a respecto do cal xa houbo importantes mobilizacións hai agora un ano. Agora mesmo o Sergas está desprazando profesionais desde Lugo, pero que non acoden todos os días. Recordan as nacionalistas tamén que segue sen cubrirse o posto de xefe de servizo do Centro de Saúde, vacante por xubilación desde antes da pandemia.

Todo esto xera inestabilidade a respecto das consultas e supón unha sobrecarga de traballo para este persoal que chega a ter que cancelar até 30 citas dunha soa vez.
A problemática non se circunscribe só a Viveiro, pois Ourol e O Vicedo, pertencentes ao PAC de Viveiro, que sofren situacións semellantes.

O PP fai saltar polos aires a Atención Primaria

“Estas son as políticas do PP en materia sanitaria, destruindo paulatinamente a atención primaria e poñendo en risco a usuarios e profesionais. Non hai médicxs, non hai pediatras, non hai enfemeirxs, porque recortaron nos últimos anos os orzamentos en sanidade e non adoptaron ningunha medida malia saberen desde hai anos que ían faltar profesionais para cubrir todas as prazas existentes, as xubilacións e as vacantes” afirmou Daniel Castro, que explicou tamén as iniciativas a través das que o Grupo Parlamentar do BNG vai instar á Xunta de Galiza a cubrir de xeito inmediato as prazas baleiras no Centro de Saúde de Viveiro e a recuperar o servizo de pediatría permanentemente.

Así mesmo Miriam Bermúdez referíuse tamén á grave situación sanitaria que están atravesando as veciñas e veciños de Viveiro, e que se repite no tempo, sendo denunciada por estes e polo BNG en numerosas ocasións sen que a Xunta de Galiza fixese nada ao respecto, polo que solicita que se díe unha solución inmediata a este problema.

Exit mobile version