Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela presenta a programación do 25N

As actividades previstas inclúen a lectura do manifesto institucional, a proxección do documental ‘Onde máis doe’, ou unha andaina contra a violencia de xénero, entre outras

Burela, 17 de novembro de 2023. A Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Burela presentan a programación de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

O venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero. A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro.

Durante a mañá do venres haberá, na Praza do Concello, un posto informativo onde se fará reparto de material (folletos, chapas, pulseiras, bolsas, etc) e se dará todo tipo de información, como vía de sensibilización, para poñer fin á violencia de xénero a través da concienciación da poboación en xeral e de dar a coñecer os recursos ás vítimas en particular. E, para finalizar, ás 20:30 na Casa da Cultura, terá lugar a proxección do documental ‘Onde máis doe’.

O domingo 26 ás 11:00 horas terá lugar a II Andaina contra a violencia de xénero, unha ruta circular de 7km con saída da Praza do Concello na que colaboran a Asociación Pasada das Cabras e o Grupo de Participación Adolescente. O Concello de Burela anima a toda o veciñanza a participar nestes actos.

Exit mobile version