Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro aclara que en ningún caso ten previsto retirar as axudas aos clubs deportivos

Viveiro, 27 de novembro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún caso previsto retirar as axudas aos clubes deportivos da vila.

“O único que pasa é que agora mesmo non podemos proceder ao seu abono, xa que o concello debe afrontar o pago dos intereses da débeda e outros gastos como o recibo da luz, que este ano se triplicou”, explicou Loureiro.

“Estamos buscando unha solución, este concello colaborou sempre cos clubes deportivos e os eventos que realiza, e o seguiremos facendo”, engade a alcaldesa.

“Os hábitos de vida saudables e a práctica deportiva dos nenos e nenas sempre foron e seguirán sendo unha prioridade para o goberno local de Viveiro”, remata Loureiro.

Exit mobile version