Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro fai un chamamento aos seus veciños e veciñas “para que usen o servizo gratuíto de recollida de enseres”

Só desde o 15 de setembro, recolléronse 318 enseres con aviso telefónico previo e 166 sen avisar

Viveiro, 24 de novembro de 2023. O Concello de Viveiro fai un chamamento aos seus veciños e veciñas “para que usen o servizo municipal gratuíto de recollida de enseres”.

Aquelas persoas que queiran desfacerse dun moble antigo ou outro tipo de enser só teñen que chamar ou enviar un whatsapp ao número de teléfono 697 16 26 37 e o servizo municipal de limpeza recólleo de forma gratuíta.

“É unha tarefa de todos e todas manter limpo o noso concello, a veciñanza só ten que avisar para que recollan os seus enseres”, asegura Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa de Viveiro.

Só desde o 15 de setembro, recolléronse 318 enseres con aviso telefónico previo e 166 sen avisar (moitos deles en Galdo ou na Cabana, en Vieiro), o que reflicte a importancia de non tiralos no espazo público sen chamar ao servizo de limpeza municipal.

Exit mobile version