Site icon Crónica3.com A Mariña

O condutor dun camión precisou axuda para saír do seu vehículo envorcado en Cospeito

Cospeito, 6 Novembro, 2023. Os bombeiros de Vilalba tiveron que empregar o material de excarceración para sacar ao ferido do camión envorcado tras colidir contra un coche.

Foron varios particulares os que contactaron co 112 Galicia para informar do accidente ao fío das 14:00 horas do día de hoxe na LU-113, ao seu paso por Cospeito. Segundo a información recibida polos xestores do 112 Galicia, podería haber unha persoa atrapada e, a maiores, o camión envorcado atopábase no medio da vía, cortando a circulación.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros de Vilalba, os cales tiveron que quitar toda a lúa do camión para poder acceder ao ferido e axudalo a abandonar o vehículo.

Cómpre destacar que neste operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil e o servizo de mantemento da estrada.

Exit mobile version