Site icon Crónica3.com A Mariña

O profesor Pepe Otero doou a recadación da venda do libro “O mito da razón e outros relatos” aos Servizos sociais do concello do Valadouro

O Valadouro, 9 de novembro, 2023. O profesor Pepe Otero (José María Otero Fernández) doou a recadación da venda dos seus libros nos establecementos do concello. Trátase dunha recopilación de artigos de opinión :“O mito da razón e outros relatos”.

A doazón debe ir destinada, por expreso desexo do autor, aos Servizos sociais dentro do concello. A cantidade é de 1000 euros.

Unha vez se decida en que se empregarán, será informado o autor.

Pepe Otero é autor de varias publicacións, nado na parroquia de Alaxe, mantén unha intensa relación coa localidade onde ten as súas raíces, pese a residir no veciño concello de Foz. Acude a miudo a visitar a súa casa e amigos e dar unha volta polo pobo.

Desde o concello valórase este acto altruista, que nos mostra a Pepe Otero como unha persoa xenerosa, e con importantes valores. No Valadouro é coñecido como veciño, como profesor, como afeccionado a caza, como escritor e articulista, e sobre todo como boa persoa.

Lémbrase que o libro está a venda nos establementos a tal efecto do Concello.

Exit mobile version