Site icon Crónica3.com A Mariña

Os bombeiros rescatan dun pozo de esterco en Abadín o corpo sen vida dun nonaxenario

Abadín, 16 Novembro, 2023. De momento, descoñécense as causas da caída. A través do 112 Galicia, os axentes da Garda Civil solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Vilalba para sacar dun pozo de xurro a unha persoa. Un home duns 90 anos, que caeu ao interior sen que, de momento, se coñezan as circunstancias.

Co rescate do corpo xa sen vida da vítima, os efectivos do parque comarcal de bombeiros deron por finalizada a súa intervención, pois corresponde ás forzas da orde a identificación das causas.

Cómpre indicar que os feitos aconteceron nunha explotación agrícola situada no lugar do Castiñeiro, en Baroncelle. Contras as 12:30 horas foi cando os axentes da Garda Civil solicitaron a colaboración dos medios de rescate a través do 112.

Exit mobile version