Site icon Crónica3.com A Mariña

Perde a vida o condutor dun turismo logo de colidir frontalmente cunha furgoneta na Pastoriza

A Pastoriza, 27 Novembro, 2023. Ocorreu no quilómetro 60 da N-640, na parroquia de Fonmiñá.

Os Bombeiros excarceran o corpo da persoa, por cuxa vida nada puideron facer os servizos sanitarios.

Contra as 18:20 horas, recibíronse no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia as chamadas de diversos particulares que alertaban de retencións no lugar dos feitos: un coche acababa de colidir frontalmente contra unha furgoneta. Malia os esforzos, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia non puideron salvar a vida do condutor do turismo, mentres que o ocupante do outro vehículo resultou ferido.

No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, o GES da Pontenova, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento das estradas.

Exit mobile version