Site icon Crónica3.com A Mariña

Prato_DO, da man de Decathlon Ribadeo, organiza este domingo unha xornada de voluntariado ambiental no Mirador Monte Comado

Viveiro, 7 de novembro, 2023. A Asociación Prato_DO, da man de Decathlon Ribadeo, organiza unha xornada de voluntariado ambiental no Mirador Monte Comado o próximo domingo 12 de novembro que terá unha duración de dúas horas. Esta actividade esta orientada a participantes de calquera idade pero, en especial, a familias e nenos.

Realizaranse diversas acións ao longo da mañá, entre as que destacan unha ruta de sendeirismo interpretativa, unha ginkana en familia e a limpeza e conservación do medio. O principal obxectivo é vivir unha experiencia de aprendizaxe a través do deporte e do voluntariado ambiental, coñecendo a paisaxe que nos rodea.

Camiñando por entornos naturais de montaña, limparemos, faremos paradas en estacións para contemplar e interpretar a paisaxe cos seus hábitats e finalmente seleccionaremos o lixo recollido como reflexión final.

A actividade ten un límite de 30 participantes e as inscricións realizaranse dende a páxina web de Decathlon onde tamén se indica o material necesario e máis información sobre a localización.

Exit mobile version