Site icon Crónica3.com A Mariña

Rescate dunha sendeirista en A Pontenova

A Pontenova, 19 de novembro, 2023. Unha muller resultou ferida esta mañá cando realizaba unha ruta de sendeirismo en A Pontenova.

Os membros do GES da Pontenova acudiron co seu vehículo a socorrer á ferida e trasladala ata o lugar onde a agardaba unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Foi precisamente o responsable da Federación de Sendeirismo quen pediu axuda ao 112 Galicia. Indicaba que se atopaban facendo a ruta do Muiñeiro, en Conforto, cando a muller se accidentou. Solicitaban medios para evacuar á muller, pois onde se atopaban era un lugar de difícil acceso para que o vehículo sanitario puidese chegar.

Así, desde o 112 Galicia ademais de informar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pasou aviso á Garda Civil, aos membros do GES da Pontenova e aos Bombeiros de Barreiros.

Unha vez atopada a ferida, os GES da Pontenova trasladárona no seu vehículo ata a ambulancia para que o persoal sanitario se encargara da súa evacuación.

Exit mobile version