Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha impresionante mostra fotográfica de Anxo Cao chega á Casa da Cultura de Cervo

Cervo, 30 de novembro, 2023. Azores Somerxida é o título da colección composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do noso Concello.

A inauguración da mostra será o próximo venres, 8 de decembro, cunha charla do propio autor no auditorio da Casa da Cultura,  ás 19 horas.

As persoas asistentes poderán coñecer de preto o transfondo desta exposición concibida nas illas Azores, froito de moitos meses de traballo no mar, nos que Cao conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio.

A mostra poderase visitar ata o 8 de xaneiro.

Exit mobile version