Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada divulgativa sobre microbios en Viveiro este venres

Viveiro, 2 de novembro, 2023. ‘Microbios: compañeiros invisibles’. Sala multiusos do Concello de Viveiro ás 20:00 horas. Iniciativa no marco das colaboracións 2023 CSIC Galicia | Consello da Cultura Galega

Faladoiro con Marta López (Xefa do Grupo Microbioloxía e Tecnoloxía de Productos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas) e Jesús Romalde (Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela), membros da Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (RISEGAL).

Reflexionarán co público sobre as evidencias científicas que demostran o papel clave dos microorganismos no pasado, e nun presente e futuro marcado pola emerxencia climática.

Sinxelos e complexos, beneficiosos e prexudiciais, parecidos pero diferentes. Os microorganismos, invisíbeis ao ollo humano, son os responsables do inicio da vida na Terra pero ademais, xogan un papel relevante nas nosas vidas.

Vivimos rodeados de bacterias, virus, fungos e gran diversidade de organismos microscópicos que son fundamentais en moitos dos procesos que regulan o Planeta. Algunhas especies conviven con nós en harmonía incluso desde o noso nacemento. As hai que provocaron epidemias e pandemias que cambiaron a historia do mundo.

Grazas aos microorganismos porén, temos antibióticos que salvan vidas e alimentos e bebidas tan diversos como o pan, o iogur ou a cervexa

Exit mobile version