Site icon Crónica3.com A Mariña

A impresionante mostra fotográfica de Anxo Cao xa se pode ver na Casa da Cultura de San Cibrao

Cervo, 10 de decembro, 2023. Azores Somerxida é o título desta colección inaugurada esta fin de semana composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do Concello.

A rexedora, Dolores García Caramés, deulle os parabéns Anxo Cao Anxo por este incrible traballo concibido durante moitos meses no mar, nos que conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio e tamén quixo agradecerlle a súa xenerosidade “por compartir con nós a súa paixón”.

A alcaldesa animou a toda a veciñanza e visitantes a que se acheguen a ver a mostra durante este Nadal.

Poderase visitar ata o 8 de xaneiro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas

Exit mobile version