Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación pon son ao Nadal con actuacións dunha vintena de corais

Lugo, 11 de decembro de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon son ao Nadal con máis de cincuenta actuacións de corais nas rúas de Lugo e de vilas das distintas comarcas. Unha vintena de agrupacións vocais participan no programa con repertorios adaptados a estas datas, que inclúen desde cantos de Reis ata pezas doutras culturas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, acompañado polo tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e pola concelleira de Cultura Maite Ferreiro, asistiu esta tarde a primeira das actuacións en Lugo, a cargo do coro feminino Cantar Delas, que actuaron nas rúas de San Pedro e Raíña.

Efrén Castro destacou que “con este programa, a área de Cultura contribúe a ambientar a cidade nunhas datas moi simbólicas, con moita xente nas rúas mercando ou disfrutando dos espazos públicos, que aproveitamos para visibilizar a traballo das corais ” e explicou que “nas dúas últimas edicións apostamos por levar esta programación a vilas como Sarria, Viveiro, Foz, Burela ou Meira, que tamén contarán con actuacións nestes días”.

Ademais de Cantar Delas, participan na programación Coro do Hospital de Lugo, Schola Gregoriana Lucensis, Asociación Músico Vocal Xeada, Conxunto Vocal Lugh, Orfeón Xoan Montes, Orfeón Lucense, Coral Polifónica Xolda, Ecos do Miño, Solo Voces, Coral Cantigas e Frores e a coral do Cuarto Ciclo da USC; todas elas con actuacións en Lugo.

O programa inclúe tamén actuacións da Coral Polifónica de Foz, Coro de Ribadeo, Sarricanta, Coral Luar, Coral Polifónica Alborada, Coral Polifónica de Burela, Coral Polifónica de Abadín e Coral Polifónica de Meira.

Calendario

📅Luns, 11 de decembro
🎙️ Cantar Delas
⏰18 horas
📍 Rúa San Pedro e rúa da Raíña. Lugo

📅Martes, 12 de decembro
🎙️Schola Gregoriana Lucensis
⏰18 horas
📍 Rúa San Pedro e rúa da Raíña.- Lugo

📅Mércores, 13 de decembro
🎙️Schola Gregoriana Lucensis
⏰18 horas
📍Campo Castelo. Lugo.

🎙️Solo Voces
⏰20:15 horas
📍Rúa da Raíña e Praza do Campo. Lugo

📅Xoves, 14 de decembro
🎙️Conxunto Vocal Lugh
⏰18 horas
📍Rúa San Pedro e rúa da Raíña. Lugo

🎙️Sarricanta
⏰19 horas
📍La Unión.Sarria

📅Venres, 15 de decembro
🎙️Asociación Músico Vocal Xeada
⏰18 horas
📍Rúa San Marcos. Lugo

🎙️Solo Voces
⏰20:15 horas
📍Praza Maior e Praza do Campo. Lugo.

📅Sábado, 16 de decembro
🎙️Coral Polifónica de Foz
⏰13 e 20 horas
📍 Foz

🎙️Coral Polifónica de Meira
⏰19 horas
📍 Abadín

📅Luns, 18 de decembro
🎙️ Coral Ecos do Miño
⏰17 horas
📍 Campo Castelo e Rúa da Raíña. Lugo

🎙️ Coro Cantar Delas
⏰18 horas
📍 Rúa Quiroga Ballesteros e Praza de Santo Domingo. Lugo

🎙️ Orfeón Xoan Montes
⏰19 horas
📍 Rúa da Raíña e Praza Maior. Lugo

Na primeira semana de decembro, celebraronse actuacións da Coral Polifónica de Ribadeo en Ribadeo, da Coral Luar en Vilalba e da Coral Polifónica de Abadín en Meira.

Exit mobile version