Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta leva a programación do ‘Outono Xove’ á Mariña

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos participantes nestas propostas, que teñen lugar no campamento de A Devesa (Ribadeo) e no albergue xuvenil de Area (Viveiro)

A Mariña, 9 de decembro de 2023. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe coas mozas e mozos que participan no programa de actividades Outono Xove da Xunta de Galicia que teñen lugar na Mariña Lucense.

Cristina Pichel explicou que o obxectivo do Outono Xove, que este ano está a celebrar a súa terceira edición, é que a xuventude dispoña dunha ampla oferta de ocio formativo tamén durante esta época do ano. Esta iniciativa desenvólvese en oito albergues xuvenís da nosa comunidade.

A proposta ‘No corazón da Mariña’ reúne aos seus participantes no campamento de A Devesa (Ribadeo) e inclúe espeleoturismo na Cova do Rei Cintolo, rutas ambientais, observacións astronómicas, ou visitas ao Museo do Mar de San Cibrao e á praia das Catedrais, entre outras actividades.

No albergue xuvenil de Area (Viveiro) desenvólvese a proposta denominada ‘Desconectados II’, que inclúe roteiros de interpretación histórico—ambiental, accións de carácter social na contorna, sesión predeportiva e de team bulding na praia de Area con material de padle surf ou obradoiros artísticos, entre outras actividades.

Exit mobile version