Site icon Crónica3.com A Mariña

Amadores da Música, de Ribadeo, obsequia ás súas soci@s cunha participación de 50 céntimos para o sorteo de Nadal da Lotería

Ribadeo, 5 de decembro de 2023. A asociación Amadores dá Música, de Ribadeo, obsequia aos seus socios e socias ao corrente de pago da cota deste ano 2023 cunha participación de 50 céntimos de euro de Lotería Nacional para o sorteo extraordinario de Nadal do número 67.150.

Por segundo ano a xunta directiva de Amadores da Música decidiu darllo a coñecer aos seus asociados a través dos medios de comunicación ao non poder comunicarllo por carta ás novas direccións, como consecuencia do cambio da numeración en vivendas de Ribadeo.

No ano 2021 a maioría das cartas enviadas foron devoltas á asociación por Correos.
Amadores dá Música roga aos seus asociados que comuniquen a súa nova dirección postal a través do correo amadoresdamusica@yahoo.es, para renovar a base de datos e tela actualizada e precisa.

Exit mobile version