Site icon Crónica3.com A Mariña

Colisión contra unha árbore en Riotorto

Riotorto, 3 de decembro, 2023. Neste accidente, unha muller foi trasladada en ambulancia tras chocar co seu vehículo contra unha árbore no quilómetro 49 da N-640, na Órrea. Ademais, viuse afectado outro turismo no que viaxaban tres persoas, que por fortuna non precisaron asistencia sanitaria.

O 112 Galicia foi alertado minutos antes das 18:30 horas, a través do sistema de aviso de emerxencia do coche implicado. Así, os xestores puideron comunicarse coa condutora, quen indicou que estaba ferida.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, interviñeron o GES da Pontenova e a Garda Civil de Tráfico.

Exit mobile version