Site icon Crónica3.com A Mariña

Colisión múltiple en Viveiro

Viveiro, 20 de decembro, 2023. O 112 Galicia tivo constancia doutro accidente cunha persoa atrapada en Viveiro.

Neste caso tratouse dunha colisión con tres vehículos implicados cando circulaban pola LU-862, quilómetro 87, á altura de Celeiro. Nun dos vehículos, unha persoa quedou atrapada no seu interior, polo que, os Bombeiros de Viveiro tiveron que facer uso do material de excarceración para liberala.

O accidente ocorreu na noitiña pasada, sobre as dez e cuarto da noite. Foi un dos implicados quen, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tras chegar ao lugar, comprobaron que no interior dun dos turismos había unha persoa atrapada, polo que, de inmediato, informouse aos Bombeiros. Igualmente, foron informados a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Tras liberar á persoa, os efectivos de Protección Civil indicaron ao 112 que o ferido estaba sendo evacuado polo persoal sanitario.

Exit mobile version