Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Deputación sobre o Parque de Bombeiros de Barreiros

Lugo, 3 de decembro, 2023. O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa:

-Dos catro efectivos previstos no cuadrante de hoxe, 3 de decembro, no Parque de Bombeiros de Barreiros, esta mañá non se incorporaron tres (dous por baixa médica e un por permiso). Ante esa situación, avisouse aos suplentes para poder cubrir os servizos mínimos, pero tampouco se incorporaron. Unha irresponsabilidade do persoal que obriga a deixar sen servizo as instalacións ata as 9.00h de mañá luns.

– O Consorcio xa informou ao servizo 112 de que as incidencias serán atendidas dende o Parque de Bombeiros de Viveiro ou dende o de Vilalba, en función do tempo de resposta.

Exit mobile version