Site icon Crónica3.com A Mariña

DomusVi Viveiro organiza un mercadillo solidario para a campaña de recollida de xoguetes impulsada pola Cruz Vermella

Viveiro, 11 de decembro, 2023. O vindeiro xoves 14 de decembro o centro de maiores DomusVi Viveiro, xunto a outras doce entidades, organiza un mercadillo solidario de Nadal para colaborar coa campaña de recollida de xoguetes impulsada pola Cruz Vermella. En concreto, as entidades colaboradoras son Concello de Viveiro, ASPANANE, CPR Plurilingüe Landro, Centro de día de Alzheimer de Celeiro, CEIP de Celeiro, CEIP Plurilingüe de Covas, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, EEI San Roque, Residencia de maiores de Burela, Cruz Vermella, CEP Lois Tobio e Residencia e Centro de día de Foz.

Neste mercadillo venderanse manualidades do Nadal como postais e elementos decorativos que realizaron os residentes e os alumnos das entidades mencionadas. Nesta xornada aberta ao público, que terá lugar de 10:30h a 13:00h e de 15:00h a 19:00h, habilitarase un espazo para que as entidades colaboradoras poidan vender os seus produtos e, ademais, para amenizar a xornada, os alumnos cantarán panxoliñas e compartirán parte do seu día cos residentes de DomusVi Viveiro.

Exit mobile version