Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celébrase en Celeiro a I Xornada de Iniciación á Pesca Deportiva na Modalidade de Spinnig

Viveiro, 7 de decembro de 2023. A xefa territorial da Consellería do Mar en Celeiro-Lugo, Mariña Gueimunde, participou hoxe na presentación da ‘I Xornada de Iniciación á Pesca Deportiva na Modalidade de Spinnig’ que terá lugar o próximo domingo no auditorio da delegación en Celeiro, no que se presentará o clube Róbalos da Mariña.

Na cita do luns tamén se aportarán claves fundamentais para os futuros pescadores como a necesidade de respectar o medio ambiente e as tallas mínimas, así como os diferentes escenarios de pesca e o material necesario en cada un deles ou os distintos tipos de reclamos que se utilizan para as distintas especies que se poden capturar.

Exit mobile version