Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres, 15 de decembro, terá lugar na casa das letras de Ribadeo a presentación do libro “Os madrileños non sempre veñen en agosto” de Francisco García Novio, editado pola editorial Medulia

García Novio naceu na aldea de Santa María de Marrozos, preto de Santiago de Compostela, licenciouse en medicina e especializouse en uroloxía no hospital Universitario da Coruña. Exerceu no Hospital Universitario de Lugo durante máis de corenta anos, sendo xefe de Uroloxía, ao mesmo tempo desempeñou o labor de coordinados hospitalario de transplantes, agora xubilado (aínda que segue parcialmente en activo). Lector desde neno, escritor de cando en vez, interésase polos sentimentos dos personaxes, o que se reflicte nesta novela.

Exit mobile version