Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa do comezo do sistema de recollida de lixo ‘quita e pon’ no casco histórico este luns

A tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez, anima aos veciños e veciñas “a participar na reciclaxe dos residuos orgánicos”, que tamén se pon en marcha o luns

Viveiro, 16 de decembro de 2023. O Concello de Viveiro lembra que este luns, día 18 de decembro, pola mañá serán retirados os colectores da vía pública no Casco Vello, poñendo en marcha un sistema de ‘quita e pon’ na recollida de lixo.

Manteranse as ubicacións actuais dos colectores e implantaranse catro ubicacións máis, situadas nas rúas Rosalía de Castro (dúas novas ubicacións), Melitón Cortiñas, Constanza de Castro e Fonte de Area.

A colocación dos colectores realizarase a partir das 18:00 horas do luns de forma gradual en todo o casco.

Ademáis dos colectores de fracción resto, que se colocarán os sete días da semana, situaranse en días alternos colectores para as recollidas selectivas da seguinte forma:

• Luns, mércores e venres: Recollida dos colectores de envases e orgánica.
• Martes, xoves e sábado: Colectores de papel/cartón.

En tódolos casos, os colectores serán colocados o día anterior e a recollida dos residuos comezará ás 06:00 horas.

O concello lembra ademais que a recollida de fracción orgánica se poñerá en marcha o mesmo día 18 e os colectores están xa ubicados en distintos puntos dos núcleos de Viveiro, Celeiro e Covas.

Os colectores para a recollida de fracción orgánica están pechados con chave. Para poder facer uso deles pódese recoller a chave, un cubo para depositar os residuos e bolsas compostables na oficina de atención ó cidadá, situada na rúa Teodoro Quirós Nº7.

“Animo á veciñanza a recoller o cubo e a participar na reciclaxe de materia orgánica”, afirma Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente, que anuncia ademais “unha campaña de concienciación nas próximas datas para incentivar a participación”.

Ante estos importantes cambios no servizo de recollida, prégase a colaboración cidadá para evitar na medida do posible o depósito de residuos na rúa fóra do horario.

Exit mobile version