Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Galicia e de Lugo unidos piden a comparencia no Congreso de Teresa Ribera para aclarar as previsións do Goberno respecto do hidroduto Guitiriz-Zamora

Os populares reaccionan con contundencia á incertidume xerada logo de que o Executivo fixera pública a denegación dos fondos europeos para este proxecto que é decisivo para a descarbonización das fábricas e os medios de transporte

Guitiriz, 2 de decembro de 2023. Os deputados galegos na Cámara Baixa e no Parlamento de Galicia, acompañados da presidenta provincial, Elena Candia, dos senadores lucenses, dos voceiro na Deputación e no Concello de Guitiriz, piden a comparecencia no Congreso da ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, para que o Goberno aclare as previsións que manexa respecto do proxecto para a construción dun corredor de hidróxeno verde que conectaría a Península Ibérica con Francia e Alemaña. Así o adiantaron este sábado logo da incertidume xerada ao facerse público por parte do Executivo a denegación dos Fondos Next Generation a cinco proxectos galegos e que son decisivos para a descarbonización das fábrica e os medios de transporte.

A presidenta provincial, Elena Candia, lamenta “que quedar fora da rede de hidróxeno é un hito negativo máis que ten a nosa provincia que nos temos a obriga de denunciar e, sobre todo, pedir que se rectifique”

Segundo explicou Francisco Conde as declaracións contraditorias do Goberno fan saltar todas as alarmas, trasladando así a preocupación coa que se recibiu esta noticia no PPdeG e no PP de Lugo. Deste xeito, as iniciativas presentadas van encamiñadas, precisamente, a que o Executivo “aclare porque este proxecto foi excluído dos fondos europeos pero, sobre todo tamén, que poda concretar cales van a ser os pasos que vai a dar o Goberno para que este proxecto poda ser unha realidade”.

Por outra banda, pídelle tanto á ministra como a Gómez Besteiro “rigor e humildade”. “Á ministra para que concrete cales van a ser as datas de construción do hidroducto e cales van a ser as vías de financiamento xa que é o que están pedindo os inversores; e a Gómez Besteiro porque cando hai que falar de proxectos hai que falar con documentos Hai documentos asinados por parte da Xunta de Galicia con Enagás e o Goberno sabe perfectamente cal é o proxecto e a importancia que ten”. “A ambigüidade e a falta de concreción pode ser un lastre para o desenvolvemento do H2 en Galicia”, alerta o deputado no Congreso.

GALICIA NON LLE DEBE NADA A SÁNCHEZ

“Ata o día de hoxe, en palabras de Conde, seguimos sen deberlle nada a este Goberno. Todo o que lle afecta ao futuro de Galicia ou o corta, ou o reduce ou o anula”. E é que tal e como xa dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, os proxectos H2POLE (As Pontes), H2 MEIRAMA (Cerceda) e ARTEIXO H2V (Arteixo), cun investimento superior aos 250 M€, poderían ver seriamente afectada a súa viabilidade por mor desta decisión do Estado de non defender a súa inclusión no proxecto de corredor de hidróxeno europeo. “Iso sen entrar a valorar outros proxectos que poderían asentarse en Galicia de contar con esta conexión”, sinalou.

Pola contra, e dado que a posta en marcha destas importantes plantas de xeración de hidróxeno verde no país require do apoio institucional de todas as administracións, tanto local, autonómica, como nacional, puxo en valor que a Xunta de Galicia deseñase a Alianza Industrial do Hidróxeno Verde que agrupa a máis de 700 empresas, institucións e axentes sociais co fin de actuar en cinco eixos principais: deseñar a implementación de ferramentas específicas e instrumentos de apoio ao desenvolvemento do sector industrial do hidróxeno, identificar oportunidades, promovela formación especializada nas empresas, fomentar a investigación e o desenvolvemento de solucións innovadoras para a industria arredor do hidróxeno verde e impulsar a necesidade de establecer a infraestrutura necesaria para a posta en marcha.

PETICIÓNS NECESARIAS E CONCRETAS

Os populares consideran prioritario, ademais, que o Executivo facilite e priorice que Enagás poida acometer os investimentos necesarios para a conexión galega na conformación dun proxecto común do corredor atlántico de hidróxeno verde; defender ante a UE a necesidade de financiar con fondos europeos o hidroduto Guititiz–Zamora, atendendo a todos e cada un dos programas e instrumentos dispoñibles no marco da transición verde; habilitar nos próximos Presupostos Xerais do Estado, mediante o correspondente programa plurianual, os fondos nacionais que resulten necesarios para facer posible o hidroduto en igualdade de condicións respecto do resto de proxectos que si foron incluídos no PCI aprobado pola Comisión Europea, a fin de contribuír a unha maior eficiencia no desenvolvemento da transición enerxética no conxunto de España; e habilitar as modificaciones normativas que resulten precisas para que o proxecto Guitiriz-Zamora goce das mesmas vantaxas de tramitación administrativa que o resto de iniciativas que si están contempladas no PCI aprobado pola Comisión Europea, a fin de contribuír a unha maior eficiencia da transición enerxética en España.

ANTECEDENTES

16 de decembro de 2022, o Goberno anuncia a candidatura do proxecto coñecido como “H2Med” dentro dos proxectos de Interese Común (PCI, polas súas siglas en inglés), para recibir financiamento europea, abandonando definitivamente o proxecto de interconexión gasista MidCat. O obxectivo, segundo o Executivo, era converter a España no primeiro hub de hidróxeno renovable do mundo, incorporando os primeiros eixos da rede de tubaxes nacionais que permitirían conectar algúns centros de produción de hidróxeno verde coa demanda doméstica e as dúas interconexións internacionais con Francia e Portugal á que se uniría, semanas despois, Alemaña.

24 de xaneiro de 2023, a ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico anuncia, logo do Consello de Ministros que Galicia e o hidroduto Guitiriz–Zamora non quedaría fóra da proposta española elevada á UE para a obtención de fondos europeos.

2 de febreiro de 2023, o Grupo Parlamentario Popular rexistra unha Proposición Non de Lei para na que insta ao Goberno á inclusión do referido proxecto do hidroduto entre Guitiriz e Zamora dentro do Proxecto de Interese Común da UE, presentado ás institucións comunitarias e, en particular, instando a facilitar o acordo entre Reganosa e Enagás para a conformación dun proxecto común do corredor atlántico do hidróxeno verde.

28 de novembro de 2023, a Comisión Europea anuncia que, na proposta que presentara ao Consello e a Eurocámara para a súa aprobación en 2024, segundo a cal o hidroduto H2Med e a súa rede troncal formarían parte da lista de 166 proxectos enerxéticos de interese estratéxico para a UE e poderían optar a subvencións europeas con carácter prioritario, o treito Guitiriz-Zamora queda excluído ao ser cualificado como «non elixible», converténdose na única iniciativa que quedou fóra da rede troncal española de hidrodutos que formará parte do mapa europeo do hidróxeno verde.

Exit mobile version