Site icon Crónica3.com A Mariña

O punto limpo móbil do Concello de Viveiro percorrerá as parroquias nos vindeiros meses

Neste vehículo, os veciños e veciñas poderán depositar distintos tipos de residuos que non se poden deixar nos contedores habituais

Viveiro, 4 de decembro de 2023. O Concello de Viveiro informa de que o punto limpo móbil volverá a percorrer as parroquias do municipio a partir de hoxe, luns día 4 de decembro.

Neste vehículo, os veciños e veciñas poderán depositar distintos tipos de residuos que non se poden deixar nos contedores de residuos habituais.
O punto limpo estará dende hoxe onde a escola de Landrove. O día 18 de decembro pasará a situarse nas inmediacións da escola de San Andrés de Boimente.

Ao longo do ano seguinte, ata o mes de maio, visitará diferentes localizacións de Galdo, San Pedro, Valcarría, Chavín, Vieiro, Covas, Misericordia, Faro, Celeiro e Viveiro.

Exit mobile version