Site icon Crónica3.com A Mariña

O SLG denuncia que a Xunta “non só non adiantou a PAC, senón que as granxas nin sequera cobraron este mes”

Consideramos que os atrasos no cobro da PAC son culpa das demoras nos controis por parte da propia Xunta de Galicia

Compostela, 11 de Decembro 2023. A mediados do mes pasado, a Xunta de Galicia anunciou a través dunha nota de prensa que Galiza ía estar entre as primeiras comunidades en pagar os anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC). Mesmo se aventurou a gabarse de que o FOGGA realizaría o pago do 70% da axuda total no anticipo e do 90% nas axudas del saldo.

Chegado o mes de decembro, constatamos que, unha vez máis, asistimos á instrumentalización dos medios de comunicación por parte do Goberno galego con fins propagandísticos, ao tempo que dá unha falsa imaxe de apoio ao sector primario, mentras que seguimos padecendo o peche continuado de granxas galegas.

Como denuncia a gandeira e economista especializada na PAC no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, “os anticipos da PAC poden ser polo 70% de todas as axudas e deica o 1 de decembro, pero a Consellería di que só pagou a 6.200 gandeiros/as. Estamos a 11 de decembro e esperamos cobrar neste mes, pero xa non estariamos a falar de anticipos, senón do pago normal da PAC”.

Dende o Sindicato Labrego Galego entendemos que estes atrasos no cobro da Política Agraria Común débense precisamente a que a Consellería do Medio Rural non ten feito os controis que esixe a normativa para poder facer eses anticipos.

Neste sentido queremos expresar a nosa preocupación pola posibilidade de que o mal proceder da Consellaría poda afectar aos pagos, poñendo en risco o cobro do mes de decembro.

“Abonda xa de empeorar a viabilidade económica das granxas galegas a base dunha nefasta xestión administrativa, e inda por riba aderezada con fake news sobre adiantos inexistentes. A estas alturas precisamos saber canto imos cobrar e cando, tendo en conta ademais que ao ser o primeiro ano de aplicación da PAC 2023-2027 temos máis incerteza ca nunca sobre os importes. E queremos datos reais, non propaganda”, zanxa Ana Rodríguez.

Exit mobile version