Site icon Crónica3.com A Mariña

O VIII Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” xa ten gañador@s

Mondoñedo, 8 de decembro, 2023. Ven de reunirse o xurado designado polo Excmo. Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao VIII Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” e, da súa xuntanza, derivouse a seguinte terna de gañadores:

1º Premio para D. José Luís Basanta
2º Premio para D. Miguel Rubal Oubiña
3ª Premio para D. Beatriz Loureiro Neira

Para o concurso presentáronse 21 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 9 fotos máis a criterio do xurado, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2023.

A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.

Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.

O xurado estaba composto por:

Presidente – D. Alberto García – Concelleiro de Cultura. Con voz e voto.
Vogal – Dna. María Patricia Otero – Concelleira Camiño Norte. Con voz e voto
Vogal – Dna. Pepa Losada – Fotógrafa de La Voz de Galicia. Con voz e voto
Vogal – D. José Álvez – Fotógrafo de El Progreso. Con voz e voto.
Vogal – D. Gil Ares – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz e voto
Secretario – D. Abel Vigo – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz sen voto.

Exit mobile version