Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro contará co novo servizo de recollida de residuos orgánicos a partir do día 18

Nos días 14 e 15 de decembro colocaranse os contedores de cor marrón en diferentes puntos de Viveiro, Celeiro e Covas, podendo ser empregados dende o momento en que estean colocados

Viveiro, 7 de decembro de 2023. O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de decembro porase en marcha o novo servizo de recollida da fracción orgánica dos residuos de xeito separado.

Os días 14 e 15 colocaranse os contedores de cor marrón en diferentes puntos do entorno urbano de Viveiro, Celeiro e Covas, podéndose depositar os residuos neles dende o momento en que estean colocados.

Estes contedores serán de acceso restrinxido mediante chave, unha característica motivada pola necesidade que o residuo depositado sexa da maior calidade posible e non leve impropios. A recollida será os luns, mércores e venres.

Existen chaves a disposición de todos os usuarios e usuarias, que se entregarán na oficina de información ao cidadán situada na rúa Teodoro Quiros, número 7. Pode solicitarse máis información ao respecto no teléfono de atención 697162637 ou no propio Concello.

Xunto coa chave de apertura entregarase un kit composto por un cubo pequeno para os fogares, bolsas compostables e un folleto explicativo.

Lembrase tamén que a partir dese mesmo día 18 porase en marcha o servizo de quita e pon no casco histórico, de maneira que os contedores serán retirados da rúa a primeira hora da mañá e serán colocados de novo a partir das 18:00 horas.

Exit mobile version