Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de Iniciación á pesca con mosca en Alfoz

Alfoz, 7 de decembro, 2023. Está organizada pola Asociación de Pescadores Amigos do Ouro en colaboración co Concello de Alfoz. Terá lugar o sábado 23 de decembro, ás 10:00h da mañá na Casa da Cultura de Alfoz.

Impartida por Julio Seijas, combinará parte teórica con práctica. Os contidos son:

1.- “O RÍO, UN ECOSISTEMA VIVO” para identificar os insectos acuáticos e terrestres dos que se alimentan as troitas, as súas fases e estados. Comportamento das troitas, hábitat, cómo atopalas. A visión da troita.
2.-“MONTAXE”. Iniciación ao montaxe de moscas, ferramentas, materiais,..(podes traer o teu equipo pero se non tés, non te preocupes, nós facilitámoscho).
3.-LANCE. Iniciación ao lance con cola de rata. Equipo (canas, carretes, liñas, baixos..).

Para inscricións, gratis, e máis información nos tfno. 652 838 013 e 667 983 373.

Exit mobile version