O titular de Mar aproveitou para achegarse a unha peixería local onde criticou co Goberno central se negue a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros a diferencia de outros países europeos que sí o fixeron. Nesa liña recordou que é unha demanda de todo o sector da pesca xa que supón unha desvantaxe competitiva respecto a outros que si viron reducido este imposto e sinalou, ademais, que esta medida conta có aval de organismos independentes así como das propias universidades galegas que sinalan no seus informes o impacto positivo que tería esta redución impositiva no incremento do consumo de estes alimentos á vez que permitiría mellorar a recadación deste imposto