Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocada a décima edición do Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca

Ribadeo, 10 de xaneiro de 2024. A galería ribadense Terra Branca convoca a décima edición do seu Concurso de Cartas de Amor. O prazo de presentación conclúe o 14 de febreiro, día de San Valentín.

José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, anima a participar nesta tradicional cita: “escribe una romántica, peculiar o divertida carta de amor a tu pareja, a tu familia, a tus pasiones, a la vida, a tu tierra, a tu mascota… y participa en la décima edición de nuestro concurso. La obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las cartas que no cumplan dichos requisitos serán automáticamente descalificadas”.

E engade: “la carta puede estar redactada en gallego o castellano. El premio será una magnífica figura de cerámica gallega”.

A carta premiada será lida en radios locais e publicada en redes sociais. As misivas deben enviarse por correo postal ou electrónico con todos os datos persoais a Terra Branca, Avenida de Galicia, 8. 27.700 Ribadeo ou galeriaterrabranca@gmail.com Tamén poden entregarse directamente antes do 14 de febreiro na propia galería.

As persoas interesadas en obter máis información sobre o X Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca poden contactar cos seguintes números de teléfono: 982128 171 ou 698 45 21 24.

Exit mobile version