Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega fai un balance moi positivo da presenza de Ribadeo en Fitur e da presentación na Casa de Galicia

Ribadeo, 26 de xaneiro de 2024. O alcalde, Dani Vega, fai un balance moi positivo da presenza de Ribadeo en Fitur e da presentación na Casa de Galicia.

O rexedor declarou: “a valoración é moi positiva, puidemos manter contactos con administracións e co sector privado, que foron moi significativos para Ribadeo. Agardamos que todo o traballo feito ao longo destes días en Fitur siga a dar os seus froitos e se traduza nunha desestacionalización do turismo e na presenza de visitantes no noso concello en épocas como o outono ou a primavera. Iso é o que perseguimos e o que tentaremos conseguir pouco a pouco”.

Dani Vega tamén se referiu ao acto que tivo lugar na noite de onte na Casa de Galicia en Madrid, onde se presentou a nova marca turística Ribadeo a contrapunto: “queremos agradecer a presenza da xornalista e escritora Sonsoles Ónega por estar con nos nesta cita tan importante e polo cariño amosado cara Ribadeo. Grazas a todas as persoas que nos arrouparon onte en Madrid, a Guillermo Cruzado por encher de boa música o acto e aos cociñeiros que nos acompañaron para ofrecer unha exquisita degustación de produtos de proximidade aos asistentes. Non me quero esquecer de agradecerlle ao director da Casa de Galicia e ao seu persoal a súa acollida e colaboración para que o acto de onte fose un éxito”.

Sonsoles Ónega recibiu como agasallo unha figura do monumento ao gaiteiro, unha das sinais de identidade de Ribadeo.

Exit mobile version