Site icon Crónica3.com A Mariña

Industria insta a Alcoa que cumpra os compromisos asinados cos traballadores

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, ofreceu á empresa todos os instrumentos dispoñibles para facer fronte ás dificultades financeiras que atravesa Alcoa, como o PERTE de descarbonización

Madrid, 26 de xaneiro de 2024. Hoxe celebrouse unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa no Ministerio de Industria e Turismo coa asistencia da secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró; a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e representantes da empresa e do comité de empresa.

Durante a reunión, a secretaria de Estado instou a Alcoa a cumprir cos compromisos adquiridos cos traballadores e a garantir a reapertura da planta e o mantemento do emprego. Ademais, ofreceu á compañía todos os instrumentos dos que dispón o Goberno de España para afrontar as dificultades financeiras que atravesa Alcoa, segundo manifestaron os seus representantes.

“Es la propia empresa la que tiene que seguir dando pasos. Hoy ha comunicado que va a reanudar las cubas pero tiene que respetar todos los acuerdos. Desde el Gobierno necesitamos información concreta para conocer sus necesidades y estudiar qué instrumentos financieros y de inversión podemos ofrecerles, como el PERTE de descarbonización, que acabamos de convocar”, sinalou Rebeca Torró.

Así mesmo, a secretaria de Estado de Industria reiterou “o compromiso firme do Goberno para traballar por que un sector estratéxico como o aluminio en Galicia siga en España”.

Exit mobile version