Site icon Crónica3.com A Mariña

Lugo acollerá este sábado a presentación do programa electoral do PPdeG coa presenza de Alfonso Rueda

Lugo, 24 de xaneiro de 2024. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, elixe Lugo para presentar as propostas do seu contrato cos galegos e galegas nos próximos catro anos.

O candidato á presidencia da Xunta explicará o documento no que se recollen as principais medidas do seu proxecto de goberno para Galicia.

Rueda elixe Lugo como escenario dun dos actos máis importantes da campaña da autonómicas. Será na cidade das murallas onde expoña as liñas mestras dun programa electoral que se fixo froito da escoita activa.

O acto de presentación do Programa Electoral para as Autonómicas 2024 terá lugar o vindeiro sábado, 27 de xaneiro, ás 12.00 horas, no Pazo de Feiras e Congresos, e nel participarán tamén a cabeza de lista pola provincia, Elena Candia, e o coordinador do documento, Valentín García.

Exit mobile version