Site icon Crónica3.com A Mariña

Mayra García en Alfoz: “Besteiro apostará dende xunta polo rural como un espazo de oportunidades”

A candidata número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas visitou en Alfoz unha explotación apícola que evidencia que a incorporación de xente nova a esta actividade é posible

Alfoz, 30 de xaneiro de 2024. A número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Mayra García Bermúdez, reivindicou en Alfoz o rural como un espazo de oportunidades para a xente nova, tal e como fará José Ramón Gómez Besteiro cando chegue ao Goberno da Xunta de Galicia, afirmou.

“Visitamos unha explotación apícola que dá mostra de que si é posible a incorporación de xente moza á actividade agraria, unha actividade que brinda importantes beneficios económicos, sociais e medioambientais, pero que necesita o apoio da Xunta de Galicia como unha administración que aposte por investir no rural e por dinamizar e diversificar a actividade agraria”, subliñou García Bermúdez.

Os socialistas, asegurou, “temos moi claro que o problema das pragas non é un problema de ningún sector e que non é xusto quitarlle fondos ao sector apícola para combater o problema da velutina”. Reivindicou unha Xunta de Galicia que resolva os problemas dos galegos e das galegas en vez de crealos coa súa inacción e incompetencia, ao tempo que asegurou que Besteiro será un Presidente útil para o sector apícola como o será para o conxunto dos sectores produtivos de Galicia.

A socialista comprometeuse a que cando cheguen ao Goberno habilitarán os instrumentos necesarios para incentivar o relevo xeracional e garantir retribucións xustas para os produtores dos sectores primarios, apostando pola innovación, a dixitalización e a mellora da sustentabilidade.

Exit mobile version