Site icon Crónica3.com A Mariña

Néstor Rego: “É necesario un novo goberno galego liderado polo BNG que remate cos anos de atraso da comarca”

A Mariña, mércores 24 xaneiro. Os candidatos e candidatas da Mariña para as vindeiras eleccións galegas, acompañados polo deputado no Congreso Néstor Rego lanzaron desde Area as súas propostas para desenvolver as infraestruturas pendentes na Mariña despois de moitas décadas de espera. A desconexión da comarca co resto de territorios do país é total. Á ausencia da A-74, que corresponde ao Estado a súa execución, súmase o abandono ao que a Xunta somete a Viveiro e ao occidente mariñao e ao Ortegal cando en 15 anos só fóron capaces de facer 8 km na Mariña. Así mesmo as estradas N-642 e N-634 que sufren o groso do tráfico pesado resíntense ano tras ano ante a falta de viais novos como a autovía e o corredor.

Un novo goberno galego para que A Mariña conte coas infraestruturas necesarias
Tanto Daniel Castro coma Iria Cotelo, candidata de Viveiro ao Parlamento, incidiron na necesidade de poñer fin a esta situación de atraso, por un lado executando a Xunta as infraestruturas da súa competencia e ao mesmo tempo negociando e esixindo ao Estado a execución das que son da súa responsabilidade, “e ese é o noso compromiso coas mariñás e mariñaos, compromiso que levaremos ao vindeiro goberno da Xunta liderado polo BNG” afirmaron os candidat@s.

Rego asegurou tamén que “é necesario que en Galiza haxa un goberno galego que realmente actúe como goberno deste país que se preocupe tamén porque aquelas cuestións que dependen do Estado sexan atendidas con celeridade, porque eso vai ser vital para conseguir dunha vez por todas sacar a Mariña desta incomunicación para ter un Mariña con futuro”

Exit mobile version