Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG da Fonsagrada esixe con decenas de rclamacións a restauración de facultativos

Rosa Rego concelleira do BNG en A Fonsagrada “presentamos decenas de reclamacións de veciñanza da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz pois non podemos permitir este desmantelamento da Sanidade”

A Fonsagrada, 8 de Xaneiro de 2024. O Bloque Nacionalista Galego volveu convocar unha nova concentración na Fonsagrada este luns 8 de Xaneiro de 2024 para seguir a reivindicar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Ademais presentaron decenas de reclamacións ante atención ao paciente pois segundo explica Rosa Rego “A día de hoxe na Fonsagrada quedan 3 facultativos, e Negueira de Muñiz esta sendo atendida de xeito provisional por un facultativo desprazado dende o PAC doutra comarca 1 día á semana”. Para ter atención de fisioterapia e xinecoloxía a poboación ten que desprazarse a Becerreá “o que implica desprazamentos de máis de hora e media e non só o tempo senón tamén que non hai posibilidade de usar transporte público” denuncia Rego.

Nesta comarca con unha grande dispersión xeográfica e con unha poboación envellentada que non ten atención médica con toda asiduade que precisan, ademais na comarca hai 6 residencias de maiores que tamén estan cubertas polos facultativos dos centros de saúde. “se os médicos teñen que saír a urxencias o centro de saúde queda desatendido” explica a concelleira.

Nestas reclamacións tamén se pregunta á veciñanza Que pretende o Sergas? Saturar as urxencias desmantelando a atención primaria? Deixar aos pacientes sen atención primaria e que teñan que desprazarse 100KM?

“Imos presentar reclamacións pois para a Conselleria de Sanidade parece que non existimos, agardamos que vendo que a veciñanza esta sufrindo os recortes que esta Conselleira esta levando a cabo na Fonsagrada se decidan a dar maior cobertura sanitaria e que poidamos ter unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”explicou Rosa Rego

Exit mobile version