Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.D. Egovarros-Viveiro acada unha prata e dous bronces no Campionato Galego de Media Maratón

Viveiro, 22 de xaneiro, 2024. O pasado domingo celebrouse na localidade de Vilagarcia de Arousa, o Campionato Galego de Media Maratón, no que o C.D. Egovarros-Viveiro estivo representado por seis dos seus atletas.

O percorrido da proba desenrolouse cunha climatoloxía favorable ós atletas e unha masiva participación de preto de 500 atletas que representaban a maioría dos clubs galegos.

Os medallistas por parte do clube viveirense foron: na categoría femenina, Susana Parguiña que acadou a medalla de bronce en W55. Na categoría masculina: Domingo Álvarez subcampión na categoría de M70, e na mesma categoría o seu compañeiro de club Eliseo López fíxose coa medalla de bronce.

Os demais atletas do Egovarros tamén remataron a proba en moi boas posicións como Rufino Fernandez, cuarta na categoría M60; Silvia Díez, sexta na categoría W45 e Rubén Vila, vixésimo cuarto na categoría M45.

Os atletas das categorías menores tamén participaron o domingo en San Miguel de Reinante na primeira proba preparatoria de cross para o campionato da Mariña, que se celebrará en Cangas de Foz no vindeiro mes de xaneiro. Acadando todos eles moi boas posicións.

Exit mobile version