Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro destaca os beneficios do sistema ‘Quita e Pon’ dos colectores de recollida de lixo para coidar o casco histórico

“Animamos á veciñanza a colaborar con esta iniciativa, que permite ter a zona máis limpa e con menos olores”, asegura Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa

Viveiro, 11 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro destaca os beneficios do sistema ‘Quita e Pon’ de recollida de lixo no casco histórico da vila, posto en marcha o pasado 18 de decembro.

“Coa posta en marcha deste servizo eliminamos os colectores na vía pública no ámbito do casco histórico, que provocan frecuentes problemas de suciedade e cheiros, substituíndoos por un servizo de retirada e colocación diaria de colectores”, lembra Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente, que hoxe mantivo un encontro de coordinación do servizo con Antonia Prieto, técnica municipal de medioambiente, e Bruno Castiñeiras, responsable da empresa concesionaria FCC.

O ‘Quita e Pon’ consiste na colocación diaria de colectores dispoñibles en 16 ubicacións do casco histórico, que coinciden coas ubicacións tradicionais máis cinco novas ubicacións.

Esta colocación realízase de forma diaria a partir das 18:00 horas, estando os colectores disponibles para a súa utilización ata a mañá do día seguinte ás 06:00 horas.

“Este sistema supón un esforzo para o servizo de limpeza e un incremento do coste do mesmo para o concello, polo que solicitamos a máxima colaboración da veciñanza para que as bolsas de lixo se despositen no horario establecido nos colectores dispoñibles”, engade Bermúdez.

Exit mobile version