Site icon Crónica3.com A Mariña

O IV Concurso de Decoración navideña do CCHV xa ten gañadores

Viveiro, 9 de xaneiro, 2023. O IV Concurso de Decoración navideña do CCHV, xa ten gañadores. A finais de decembro o xurado fallaba os premios do concurso e mañá 10 de xaneiro farase entrega dos mesmos.

O concurso consistía en decorar e ambientar con motivos navideños as fachadas e os escaparates dos locais comerciais, e como novidade incorporábase unha nova categoría, a de decoración artesanal, na que se valoraba aqueles escaparates que contaban cunha decoración realizada por eles mesmos.

As categorías e premios foron:

COMERCIOS:
Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña
Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento
Premio á mellor decoración artesanal

O xurado estaba composto pola Concelleira de comercio Iria Cotelo, pola deseñadora de interiores Silvia Méndez e por un representante da Directiva do CCHV e artista local que foi Iván Fernandez Ferro.

Valoraron tanto a orixinalidade, como a creatividade, a iluminación, o impacto visual, a dificultade de elaboración e os materiais utilizados. Destacaron, ante todo, a gran calidade dos traballos e o esforzo e a involucración dos negocios para dar un ambiente o máis navideño posible ós seus locais. O veredicto estivo moi reñido, nesta edición o xurado tívoo moi complicado.

O gañadores foron:

Mellor Escaparate: TEJIENDO SUEÑOS Gañador Mellor Fachada: MIMIMÓ MODA INFANTIL
Mellor Decoración Artesanal: TEJIDOS ROGELIO

A entrega de premios realizarase mañá pola tarde nas oficinas do CCHV, ca presenza da Concelleira de Comercio Iria Cotelo e o Directivo do CCHV Saúl Jimenez.

A directiva quere agradecer a tódolos negocios a súa participación e o seu esforzo que fai que entre todos Viveiro luza espectacular Nadal tras Nadal. O balance da campaña de Nadal é moi positivo, visitounos moita xente ó longo de todo o mes e iso notouse nas compras e na hostalaría. Esperamos que esta nova campaña de rebaixas que acaba de comezar estea igual de animada e a xente siga apostando por mercar no comercio de proximidade, onde ver, tocar, probar e levar é un plus xunto cas garantías que ofrece o comercio local.

Exit mobile version