Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada na Casa de Galicia en Madrid a nova marca turística de Ribadeo

Madrid, 25 de xaneiro de 2024. Ribadeo a contrapunto, a harmonía perfecta que bebe de melodías diferentes foi presentada esta noite na Casa de Galicia en Madrid coa xornalista e escritora Sonsoles Ónega como mestra de cerimonias.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “como nos explicaría el profesorado de la Escuela de Música y Danza de Ribadeo, el contrapunto es una técnica en la que dos o más melodías principales se combinan de forma independiente, pero siempre en consonancia entre ellas. Utilizando este símil o comparación, Ribadeo sería una hermosa melodía con carácter y singularidad, fluyendo con ritmo propio a la par del resto de Galicia. Ribadeo, a contrapunto, es el lema escogido para esta presentación que pretende reflejar nuestra esencia, lo que nos hace únicos”.

A edil ribadense sinalou que “aquí la geografía es una de las principales piezas. Los grandes arquitectos tienen sabor a sal, la que contienen las aguas marinas encargadas de modelar una catedral en el mar y las aguas mansas de nuestra ría, capaces de disipar fronteras. En Ribadeo, la naturaleza se caracteriza por sus contrastes, lo salvaje se convierte en paz, y el azul de la lluvia da paso a una amplia paleta de verdes que tapizan campos, valles y montañas”.

Na Casa de Galicia foi proxectado o vídeo da nova marca turística de Ribadeo. O alcalde, Daniel Vega, explicou que “a la hora realizar el vídeo que hoy os presentamos por primera vez, hemos buceado en el alma de un territorio con gran personalidad y dinamismo, donde el movimiento y la tranquilidad están en perfecto equilibrio. Es precisamente este dinamismo tranquilo que tanto nos caracteriza el que nos obliga a seguir trabajando. Tenemos nuevos y apasionantes retos por delante, pues es nuestro compromiso seguir avanzando como espacio turístico innovador, accesible para todas y todos, consolidado sobre una infraestructura tecnológica de vanguardia que garantice el desarrollo sostenible del territorio, que facilite la interacción e integración del visitante con el entorno e incremente la calidad de su experiencia; y a su vez, aumente la calidad de vida de los y las residentes”.

O rexedor comentou: “metas que conciernen no sólo al ámbito público, sino también al privado. Sólo sumando esfuerzos podremos dar respuesta a las demandas de un turista cada vez más exigente con el destino que elige para pasar sus vacaciones”.

Foi Sonsoles Ónega a encargada de poñer en valor Ribadeo, así como o vídeo proxectado esta noite e do que gozaron todos os asistentes: “en Galicia existen lugares que danzan a ritmo propio, un deles é o noso

Ribadeo
Onde a catedral está no mar
o litoral é monumento
o cantil ten ollos de luz
o faro está tranquilo
as augas disipan fronteiras
o salvaxe nos da paz
e o azul se transforma en verde

Ribadeo
Onde as raíces están na lingua
a cúpula máis alta está nunha torre
o gurugú non é un monte
o museo son as rúas
a peregrinaxe comeza no mar
a morte está viva
Sargadelos fala
e sempre defendemos o noso

Ribadeo
Onde ninguén é naide e todos somos alguén
as lobas son de mar
os pementos son vermellos e non pican
e as tazas son para o viño
a vela é latina
os cocos non dan medo
e o dinamismo é slow

Ribadeo
Onde a natureza é unha aventura
surféase entre augas
e os paxaros teñen nome
Onde os domingos teñen vida
os recunchos non son de pensar
a emigración é un valor
e cada un baila ó seu ritmo

Ribadeo a contrapunto, a harmonía perfecta bebe de melodías diferentes”.

O alcalde agradeceu a presenza de Sonsoles Ónega no acto desta noite, así como a nota musical protagonizada por Guillermo Cruzado e a aposta pola gastronomía de proximidade realizada polas cociñeiras e cociñeiros dos restaurante La Solana, Ramonita, El Oviedo e A Horta de San Roque. As persoas que se achegaron ata a Casa de Galicia puideron saborear no cóctel: Espuma de ourizo de Rinlo sobre parmentier de pataca de Piñeira (A Horta de San Roque); Oblea de pemento e muhammara de Piñeira (El Oviedo); Fabas de Ribadeo con porco celta (La Solana); e Guiso de choco da ría de Ribadeo e flocos de arroz (Ramonita).

Exit mobile version