Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolleu a celebración da primeira xornada comarcal de tenis de mesa.

Ribadeo, 22 de xaneiro de 2024. Ribadeo acolleu a celebración da primeira xornada comarcal de tenis de mesa.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “Ribadeo foi escenario da celebración da primeira xornada comarcal de tenis de mesa de Xogade no pavillón municipal. Na cita participaron arredor de 100 persoas que rivalizaron nas 19 mesas dispostas para a competición”.

E edil tivo palabras de agradecemento para os organizadores: “grazas á SD Ribadeo de Tenis de Mesa pola organización desta xornada e desde o Concello seguirémolos apoiando en todo o que precisen para dar visibilidade a este deporte”.

Exit mobile version