Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen xs premiadxs do Certame de Poesía Infantil de Nadal de Viveiro

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo transmitirlles “todos os meus parabéns, co desexo de que continúen participando na vida cultural do noso concello”

Viveiro, 18 de xaneiro de 2023. O Concello de Viveiro anunciou aos premiados e premiadas do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2023/24”. Os premios do mesmo serán entregados o sábado día 27 ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.

O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que foi unha das integrantes do xurado, quixo transmitir ás premiadas e ao premiado “todos os parabéns do mundo, co desexo de que continúen participando na vida cultural e nas actividades do noso Concello”.

“Dende o Concello queremos darlles as grazas a toda a rapazada que participou neste concurso, e a todos os centros educativos que tiveron a ben propoñer esta actividade”, sinalou a concelleira.

Os premiados e premiadas participarán a continuación no certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.

Exit mobile version