Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo a un rapaz de Burela como presunto autor dun delito de lesións

Cónstanlle, no momento da detención, varias requisitorias xudiciais en vigor

Burela, 14 de febreiro de 2024. A Garda Civil detivo a un veciño de Burela, de 19 anos de idade, ao cal se lle imputan un delito de lesións e varias requisitorias en vigor de procura, detención e comparecencia ante a Autoridade Xudicial.

Os feitos tiveron lugar a madrugada do pasado sábado de entroido na localidade lucense de Foz, onde unha muller ao observar a presenza dunha patrulla da Garda Civil manifestoulles que acababa de ser agredida violentamente por un home ao cal non coñecía de nada.

Presentaba lesións no rostro e posiblemente ten fracturado o tabique nasal, un dos axentes comezou a auxiliala á vez que solicitaba asistencia sanitaria, mentres que o outro iniciou de inmediato un recoñecemento da praia da Rapadoira ata que localizou a un home que coincidía coa descrición facilitada pola vítima; aquel, en canto decatouse da presenza policial, emprendeu a fuxida a pé, ata que puido ser finalmente alcanzado e detido, non sen antes ofrecer unha gran resistencia.

A vítima recoñeceuno como o autor da agresión, insistindo en que descoñecía o motivo da mesma pois nunca lle vía antes.

A persoa detida foi posta ao dispor xudicial.

Exit mobile version