Site icon Crónica3.com A Mariña

A secretaria xeral da Igualdade da Xunta visitou este martes os centros de San Aníbal de Burela

Sandra Vázquez, que veu en compañía de Manuel Rouco López (concelleiro e voceiro do PP da localidade), foi recibida por la directora titular da institución, Hna. Martina Sendino, e os integrantes do equipo directivo, Jesús Iglesias, Manuel Sánchez e María Gato. Vázquez percorreu as instalacións do Centro de Atención de Día, Centro de Acollida e Inclusión Social e Casa de Familia, recibindo as oportunas explicacións por parte da directiva da entidade, coa que tamén mantivo unha reunión de traballo para estudar posibles proxectos de colaboración. A secretaria xeral valorou moi positivamente o traballo que se fai e o estado das instalacións, con especial interese polo funcionamento do Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena, adicado preferentemente a mulleres en situación de vulnerabilidade con menores a cargo.

Exit mobile version