Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destaca a calidade da atención que a Fundación ‘Eu Son’ presta ás persoas con discapacidade da Mariña

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá a Fundación Eu Son en Burela coa que o Goberno galego colabora a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, con axudas para adquisición de vehículos, co financiamento de prazas e noutras actividades que realiza a entidade a favor das persoas con discapacidade. A directora xeral destacou a calidade asistencial dos seus servizos e a aposta decida por garantir un mundo máis inclusivo, xusto e igualitario para todas as persoas con discapacidade da Mariña. Neste sentido, apuntou que a Xunta aposta pola colaboración social para achegar servizos adaptados ás necesidades das persoas con discapacidade por toda a Comunidade.

Exit mobile version