Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo convoca asemblea xeral ordinaria para o 27 de febreiro

Ribadeo, 9 de febreiro de 2024. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o próximo 27 de febreiro a súa asemblea xeral ordinaria.

Segundo indicou o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez: “no día de hoxe vimos de notificar aos nosos socios e socias a convocatoria da asemblea xeral ordinaria correspondente o ano 2024. Esta cita tara lugar o 27 de febreiro no Cine Teatro de Ribadeo ás 20:20 horas en primeira convocatoria e 20:30 en segunda”.

Os asuntos que se abordarán son a lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea xeral ordinaria celebrada o 29 de marzo de 2023; lectura e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio pasado, o de 2023; estado da asociación; análise e valoración das actividades realizadas no pasado exercicio; informe e aprobación, si procede, do orzamento ordinario para 2024; informe da programación de actividades previstas para este ano; informe dos festivos e domingos de apertura en 2024 e ampliacións horarias; rogos e preguntas. “Como novidade despois de varios anos, abordarase tamén a celebración da gala anual de Acisa Ribadeo, na que xa se está a traballar para recuperar neste 2024”, dixo Pérez Prada.

Temporal

Sobre os efectos ocasionados pola borrasca Karlotta na xornada de onte a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “durante a pasada xornada vivimos un episodio meteorolóxico adverso, que ocasionou decenas de micro cortes eléctricos durante a mañá así como un apagón de tres horas e media. Tamén se viu afectada a telefonía móbil e fixa. Foron moitas as perdas económicas sufridas polos restaurantes, que estaban a dar as comidas á súa clientela, e tamén pode haber danos ocasionados por eses cortes de luz en materiais eléctricos ou electrónicos. Polo que dende Acisa Ribadeo recomendamos que revisen o estado de todos os aparatos así como dos inmobles e de ser o caso se poñan en contacto cos seus seguros para reclamar os danos ocasionados por esta borrasca”.

E engadiu: “dende a xerencia de Acisa na xornada de onte estívose en permanente contacto cos nosos socios e socias co fin de mantelos informados da mellor maneira posible das novidades que ían xurdindo ao longo do dia e por suposto para atender as necesidades que cada negocio puidera ter, como podía ser a busca de xeradores eléctricos ou a solución doutras incidencias. Do mesmo xeito tamén estabamos en permanente contacto co Concello para coñecer o estado da problemática ocasionada por ese apagón eléctrico”.

Exit mobile version